remoer
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [re.moˈeɾ] (AFI)
remoer
- (Zooloxía) Regurxitar un bocado de comida, o bolo alimentario; e realizar unha segunda mastigación do alimento, fenómeno fisiolóxico propio dos animais ruminantes.
- Sinónimos: rumiar.
- Observacións: Nos ruminantes, a inxestión dos alimentos é seguida dunha rápida deglución, case sen mastigar, para a súa fermentación no rume, primeiro dos preestómagos. Posteriormente, en momentos de repouso, realízase a remoeira, unha segunda mastigación profunda e completa do bolo alimenticio.
- Exemplo: Boi que remoe, nada lle doe.
- (Figurado) Dar moitas voltas a un asunto intentando atoparlle solución.
- Exemplo: Levo todo o día remoendo o que me dixeches e sigo sen saber que facer.
- Sinónimos: rumiar.
- Exemplo: Levo todo o día remoendo o que me dixeches e sigo sen saber que facer.
- (Figurado) Comer moito e durante moito tempo.
- Exemplo: Pedriño foi enchendo o bandullo e dispois de cinco horas de remoer sen acougo, deuse por vencido no derradeiro prato.
(Castelao: Os dous de sempre)
- Exemplo: Pedriño foi enchendo o bandullo e dispois de cinco horas de remoer sen acougo, deuse por vencido no derradeiro prato.
- Moer, por segunda vez, un produto.
- Virar un carro movendo as súas rodas en direccións opostas, pero sen avanzar.
Termos relacionados
Conxugación
Verbo semirregular da 2ª conxugación
Infinitivo | remoer |
Xerundio | remoendo |
Participio | remoído, remoída, remoídos, remoídas |
1 Vostede(s) |