Saltar ao contido

rume

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rume».
  • Pronuncia: /ˈrume̝/ (AFI)

Substantivo masculino

rume


singular plural
rume rumes
1. Retículo; 2. Atrio do rume; 3. Saco dorsal do rume; 4. Saco ventral do rume; 5 e 6. Sacos cegos caudais do rume.
  1. (Anatomía) Primeiro e máis voluminoso dos preestómagos dos ruminantes, situado na metade esquerda da cavidade abdominal. Comunica por diante co esófago, que se abre no saco dorsal, e por detrás co retículo.
    • Sinónimos: bandullo.
    • Observacións: Enche case totalmente a metade esquerda da cavidade abdominal (nun bovino adulto alcanza unha capacidade de 200-250 litros). A mucosa interna non ten glándulas senón numerosas papilas filiformes, de máis de un centímetro, que permiten a absorción e que lle dan un aspecto típico de felpudo. Actúa como unha verdadeira cámara de fermentación na que se produce a degradación da celulosa dos alimentos grazas á abondosa flora bacteriana existente no líquido ruminal.

Termos relacionados

Traducións