Saltar ao contido

sistema de referencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sistema de referencia».
Dous vehículos movéndose a velocidades constantes diferentes, respecto a un observador inercial móbil, constitúen dous sistemas de referencia inerciais adicionais.

Locución substantiva feminina

sistema de referencia

  1. (Física) En cinemática, un sistema de referencia é un conxunto de convencións para poder referir a posición dun obxecto físico no tempo e no espazo. O seu primeiro elemento é o punto de referencia, que consiste nun punto escolleito ao azar, pertencente a un obxecto físico, a partir do cal tómanse todas as medidas. O segundo elemento son os eixes de coordenadas. O terceiro elemento é a orixe no tempo, un instante a partir do cal mídese o tempo. Este instante faise coincidir cun suceso concreto, como o nacemento de Cristo, que se utiliza como orixe no calendario cristián. En cinemática a orixe temporal coincide habitualmente co inicio do movemento que se estuda. Estes tres elementos: punto de referencia, eixes de coordenadas e orixe temporal, forman o sistema de referencia.