Saltar ao contido

rebaixar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /re.baj,ˈʃaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

rebaixar

  1. Quitar altura a unha cousa, facela ou poñela máis baixa.
    • Exemplo: Despois de Reis e en agosto todos os comercios rebaixan os prezos. Hai que rebaixar o terrero até a altura da porta da casa

      .
  2. Diminuír o prezo dunha cousa.
    • Exemplo: Se ma rebaixa un pouco, cómprolle a cama

      .
  3. Quitar unha parte dunha cantidade.
    • {{exemplo|Rebaixounos o dez por cento no prezo da cadeira.
  4. (Figurado) Darlle a alguén unha ocupación máis baixa da que ten, diminuíndo a súa importancia ou categoría.
    • Exemplo: Rebaixárono a axudante. Propoñerlle iso é rebaixalo de categoría.

  5. Facer perder a dignidade.
    • Exemplo: O traballo honrado non rebaixa a ninguén.

  6. Eximir a alguén de certo servizo ou obrigación, especialmente no exército.
    • Exemplo: Rebaixárono de gardas

      .
  7. Reducir a concentración dun líquido.
    • Exemplo: Din que este taberneiro rebaixa o viño con auga. Para fecer esta reacción tes que rebaixar a concentración do ácido clorhídrico.

  8. Diminuír a intensidade da luz, a calor, o lume, o son, a cor, etc.
    • Exemplo: Para non molestar aos veciños tes que rebaixar o volume do tocadiscos

      .
  9. (Fotografía) Reducir a intensidade dunha imaxe mediante substancias químicas.

Verbo pronominal

rebaixar

  1. Facer a algo con menoscabo da propia dignidade.
    • Exemplo: Non te rebaixes a suplicarlle nada. A pesar da opinión sos pais, a moza rebaixouse a casar con el

      .
  2. (Exército) Dito dun militar, quedar dispensado dun servizo.