pomo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pomo».

pomo1

  • Pronuncia: [ˈpo.mʊ] (AFI)

Substantivo masculino

pomo (sg: pomo; pl: pomos)

  1. (Botánica) Froito redondo carnoso con sementes no interior.
  2. Peza redonda que se atopa en portas ou gabetas que se agarra para abrilas.
  3. Extremidade da gornición dunha espada que se atopa arriba do puño.

pomo2

  • Pronuncia: [ˈpo.mʊ] (AFI)

Substantivo masculino

pomo (sg: pomo; pl: pomo)

  1. Etnia nativa de América do Norte.
    • Exemplo: Os pomo falan linguas emparentadas co grupo hokan, como o achomawi, o atsugewi, o chumash, o havasupai, o washo e o yahi.


Esperanto

Substantivo

pomo

  1. (Botánica, alimentación) Mazá.