piñeiro de Douglas
Aparencia
Galego
- (Botánica) Árbore da familia das pináceass, Pseudotsuga menziesii ou Pseudotsuga taxifolia, que é un falso abeto, parecido ao común, pero coas piñas colgantes, que pode chegar aos 100 m de altura, orixinario da parte occidental de América do norte e as montañas rochosas, pero que se cultiva en moitos países europeos de clima adecuado como especie forestal, xa que é unha árbore de crecemento rápido que produce unha apreciada madeira, coñecida comercialmente como «piñeiro de Oregón».
- Sinónimos: abeto de Douglas.
-
Árbore nova.