Saltar ao contido

pita do monte

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pita do monte».
Macho
Femia

Locución substantiva feminina

pita do monte

  1. (Zooloxía) Especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, pertencente ao seu xénero tipo Tetrao. É o membro de maior tamaño da súa subfamilia, distribuíndose por boa parte de Eurasia. En Galicia deuse por extinguida a poboación de Os Ancares, a poboación máis occidental da especie, pero aínda se atopa ás veces debido ao movemento de individuos de poboacións limítrofes.
    • Exemplo: A pita do monte dos Ancares come os froitos do acivro.

Sinónimos

pita montesa