península Itálica
Aparencia
Galego
península Itálica
- (Xeografía) Península do surcentro de Europa, unida ao continente europeo pola cadea dos Alpes. É unha das tres grandes penínsulas do sur deste continente, xunto coa Balcánica e a Ibérica. Cuns 1000 km de noroeste a sueste, atópase no centro do mar Mediterráneo, entre os mares da Liguria, Tirreno, Adriático e Xónico. Politicamente está ocupada por Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano.