Saltar ao contido

itálico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende itálica)

Galego

  • Pronuncia: /iˈtaliko̝/ (AFI)

Adxectivo

itálico (ms: itálico; mpl: itálicos; fs: itálica; fpl: itálicas)

  1. Relativo ou pertencente a Italia e, en particular, á Italia antiga e aos pobos que a habitaban.
    • Exemplo: Os lígures foron unha poboación itálica sometida polos romanos no século II. Guerra itálica. Pobos itálicos.

  2. (Lingüística) Dise das linguas indoeuropeas faladas antigamente na península Itálica.
    • Exemplo: O osco e o umbro son uns idiomas itálicos.

  3. Dise da letra inclinada cara á dereita.
  4. Dise dos individuos destes pobos.
    • Exemplo: Os costumes itálicos.

Substantivo masculino

  1. (Lingüística) Grupo de linguas indoeuropeas faladas por estes pobos.
    • Exemplo: O véneto inclúese no itálico.

  2. Individuo destes pobos.
    • Exemplo: Os itálicos.

Termos relacionados