matacandil
Aparencia
Galego
matacandil (sg: matacandil; pl: matacandís)
- (Alimentación) (Micoloxía) Cogomelo comestible da orde dos Agaricales. O sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm, e a altura de até 20 cm. As lamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras. O pé é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm de altura. As esporas son de cor verde. Medra en pasteiros ben abonados, parques, bordos de camiños, terreos removidos e vertedoiros, desde primavera até finais de outono.