liño

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Liño ,    liñó

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «liño».
  • Pronuncia: /ˈliɲo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

liño (sg: liño; pl: liños)

  1. (Botánica) Planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas con fins medicinais.
  2. Fío desta planta.
  3. Tecido deste fío.

Termos relacionados

Traducións