homólogo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín medieval homologus, e este do grego antigo ὁμόλογος homólogos, 'acorde', 'correspondente'.
- Pronuncia: /o.'mo.lo.ɣo̯/ (AFI)
homólogo
(ms: homólogo; mpl: homólogos; fs: homóloga; fpl: homólogas)
- Que corresponde con outro, ou que ten as mesmas características ou funcións que outro.
- (Bioloxía) Dise dos órganos dos animais e dos vexetais que teñen a mesma orixe embriolóxica, aínda que non teñan necesariamente a mesma forma ou a mesma función.
- (Matemáticas) Dise dos elementos conectados por algunha relación, algunha correspondencia ou algunha transformación.
- (Química) Dise dos compostos que pertencen á mesma serie homóloga.
- (Xenética) Dise do grupo de cromosomas dunha célula que teñen a mesma información para os mesmos caracteres, aínda que poden estar representados por alelos diferentes.
- (Xeometría) Dise dos puntos, das caras ou das arestas dun cristal que se poden superpoñer aplicando operacións de simetría de primeira especie.