tambor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /tamˈboɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

tambor (sg: tambor; pl: tambores)

  1. (Música) Instrumento musical de percusión membranófono que consta dunha caixa de resonancia, xeralmente de forma cilíndrica, e unha (ou dúas) membrana, chamada parche, que cobre a abertura da caixa. Xeralmente, para o son, o tambor é golpeado no parche coa man ou con algún obxecto, comunmente baquetas; tamén se adoita percutir a caixa.
  2. (Por extensión) Músico que toca o tambor.
Columnas derruídas (tambores) no Foro Romano
  1. (Arquitectura) Cada unha das pezas ou bloques que forman o fuste dunha columna. Por extensión, tamén cada unha das pezas que forman o fuste dunha pilastra.
    • Observacións: Por suposto, non é aplicable ás columnas monolíticas.
    • Exemplo: En Grecia aínda se poden visitar canteiras nas que se abandonaron tambores de columnas para templos inacabados.

  2. (Arquitectura) Estrutura circular (ás veces octogonal), de pouca altura, sobre a que se levanta unha cúpula.

Traducións

Véxase tamén