entrada
Aparencia
Galego
entrada (sg: entrada; pl: entradas)
- Acción de entrar.
- Exemplo: Todos estaban preparados para berrar «Sorpresa!» en canto a persoa que estaba de aniversario fixese a súa entrada pola porta.
- Antónimos: saída.
- Termos relacionados: aparecemento, aparición.
- Exemplo: Todos estaban preparados para berrar «Sorpresa!» en canto a persoa que estaba de aniversario fixese a súa entrada pola porta.
- Espazo por onde se entra.
- Exemplo: Na entrada do restaurante teñen unha táboa co menú do día.
- Sinónimos: acceso.
- Antónimos: saída.
- Termos relacionados: porta.
- Exemplo: Na entrada do restaurante teñen unha táboa co menú do día.
- Billete que outorga o dereito a asistir a un espectáculo público.
- Exemplo: Nunha tarde esgotáronse todas as entradas para o concerto.
- Termos relacionados: reserva.
- Exemplo: Nunha tarde esgotáronse todas as entradas para o concerto.
- Cada un dos dous ángulos entrantes que forma o cabelo a cada lado da parte superior da cabeza.
- (Lingüística) Palabra que se define nunha obra lexicográfica.
- Exemplo: O Galizionario conta actualmente con 85.925 entradas.
- Sinónimos: lema.
- Exemplo: O Galizionario conta actualmente con 85.925 entradas.