coñecemento
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /koɲeθeˈmento̝/ /koɲeθeˈmɛnto̝/ (AFI)
coñecemento (sg: coñecemento; pl: coñecementos)
- Acción e efecto de coñecer.
- Antónimos: descoñecemento.
- Capacidade de poder percibir o mundo e poder responder sensorialmente.
- Antónimos: conciencia, consciencia, sentido.
- Conxunto dos saberes dun tema.
- (Filosofía) Conciencia e entendemento dos feitos, verdades ou información gañadas na forma da experiencia ou da aprendizaxe. É unha apreciación da posesión dos detalles interconectados que, illadamente, son de menor valor. É un término con varios significados segundo o contexto, pero xeralmente relacionado con conceptos tales como o significado, a información, a instrución, a comunicación, a representación, o estudo e o estímulo mental.