término
Aparencia
Entrada incompleta Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa. |
Galego
término (sg: término; pl: términos)
- Momento no que finaliza [algo].
- Exemplo: A medida que se achegaba o término do curso debuxábase nas caras dos estudantes unha mestura de esgotamento e alivio.
- Sinónimos: conclusión, fin, final, remate, termo.
- Antónimos: comezo, empezo, inicio, principio.
- Exemplo: A medida que se achegaba o término do curso debuxábase nas caras dos estudantes unha mestura de esgotamento e alivio.
- Espazo de tempo concedido [para a realización de algo].
- Exemplo: Tiñan que acabalo no término dunha semana ou non llo terían en conta.
- Sinónimos: prazo, termo.
- Exemplo: Tiñan que acabalo no término dunha semana ou non llo terían en conta.
- Territorio baixo unha xurisdición.
- Cada un dos elementos dun todo relacionados entre si.
- Sinónimos: termo.
- Palabra pertencente a un vocabulario especializado.
- Exemplo: Gran parte dos términos informáticos que se empregan na actualizade non están contemplados na normativa vixente.
- Sinónimos: termo.
- Exemplo: Gran parte dos términos informáticos que se empregan na actualizade non están contemplados na normativa vixente.
- Lugar ocupado nunha enumeración.
- Exemplo: Coido que este asunto cómpre deixármolo para último término.
- Sinónimos: termo.
- Exemplo: Coido que este asunto cómpre deixármolo para último término.
- (Matemáticas) Cada un dos elementos que aparecen nunha expresión matemática.
- Exemplo: A orde dos términos dunha operación aritmética adoita ser importante.
- Sinónimos: operando, termo.
- Exemplo: A orde dos términos dunha operación aritmética adoita ser importante.
- (Informática) (Completar)
- Sinónimos: termo de busca.
Traducións
- Castelán: (1) remate (es); (1-7) término (es).
- Inglés: (8) keyword (en), key word (en).
- Portugués: (1) remate (pt); (1-7) termo (pt).