Saltar ao contido

costura

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

A esposa do pescador
Anna Ancher, 1890
  • Pronuncia: /kos.ˈtu.ɾa/ (AFI)

Substantivo feminino

costura (sg: costura; pl: costuras)

  1. Procedemento mediante o cal únense dous ou máis pezas de tea ao perforalas e pasar un fío a través delas, normalmente con axuda dunha agulla. Tamén pode usarse para unir peles, lonas ou outros materiais flexíbeis. O seu emprego é case universal entre as poboacións humanas, desde os tempos paleolítico.
    • Exemplo: Ó que non está afeito ás bragas, as costuras fanlle chagas.

  2. Arte ou actividade de facer pezas de roupa.
    • Exemplo: A miña filla está facendo un curso de costura.

Termos relacionados

alta costura