convencional

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kom.beŋ.θjo.'nal/ ou /kom.beŋ.sjo.'nal/ (AFI)

Adxectivo

convencional (sg: convencional; pl: convencionais)

  1. Pertencente ou relativo ao convenio ou pacto ou é o resultado dunha convención.
    • Exemplo: A lingua é un sistema de signos convencionais.

  2. Que resulta o se establece en virtude de costumes.
    • Exemplo: "Ola" é unha fórmula convencional de saúdo.

  3. Que se establece por convencións sociais e resulta falto de orixinalidade e espontaneidade.
    • Exemplo: Estilo convencional. Posturas convencionais.

  4. Establecido segundo o costume.
    • Exemplo: Moral convencional.

  5. Dito dun armamento ou dunha guerra, que é clásico, non atómico, nin biolóxico, nin químico.
    • Exemplo: Armamento convencional. Guerra convencional.