Saltar ao contido

cloruro de sodio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cloruro de sodio».
Cristais de cloruro de sodio

Locución substantiva masculina

cloruro de sodio

  1. (Química) Substancia consistente na combinación do cloro co sodio, de fórmula NaCl, cristalina, de cor branca, sabor típico e moi solúbel en auga, moi abundante na augua de mar e que tamén se encontra na codia terrestre, que se emprega para sazonar e conservar alimentos.
    • Exemplo: O consumo de cloruro de sodio está relacionado co padecemento de hipertensión arterial e por tal motivo debe facerse unha redución da súa inxesta.

Sinónimos