cegar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

  • Nuvola apps edu languages.svg Homófonos: segar (en falas con seseo).

Open book 01.png Verbo intransitivo

cegar

  1. Perder totalmente a vista.
    • Exemplo: Coa idade foi perdendo a vista e, nos úlimos anos, cegou.

Open book 01.png Verbo pronominal

cegar

  1. Quedarse momentaneamente sen visión a causa dunha luz moi intensa.
    • Exemplo: Como o condutor do coche que viña en sentido contrario non baixou a luz longa, o pobre Antón cegouse e foi bater co seu contra un muro.
    • Sinónimos: encandearse.
  2. (Figurado) Perder a capacidade de razoar con sentido.
  3. (Figurado) Sentir unha forte impresión.
    • Exemplo: Cegouse coa fermosura daquel home.
    • Sinónimos: abraiar, pasmar.
  4. (Figurado) Estragarse o gume dun instrumento cortante, como unha navalla, un coitelo, un fouciño, etc.
    • Exemplo: Cegóuselle o fouciño.
    • Sinónimos: gafarse.

Open book 01.png Verbo transitivo

cegar

  1. Privar da vista a [alguén].
  2. Quedar momentaneamente sen visión a causa dunha luz moi intensa.
    • Exemplo: Como o condutor do coche que viña en sentido contrario non baixou a luz longa, cegouno, e o pobre Antón bateu co seu contra unha árbore.
    • Sinónimos: encandear.
  3. (Figurado) Quitar a capacidade de razoar con sentido.
  4. (Figurado) Causar unha forte impresión.
  5. (Figurado) Estragar o gume dun instrumento cortante, como unha navalla, un coitelo, un fouciño, etc.
    • Exemplo: Cegou o coitelo cortando aquel queixo tan duro.
    • Sinónimos: gafar.

Traducións