cebola das gaivotas
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /θeˈβola̝ðasɡajˈβɔta̝s/ (AFI)
cebola das gaivotas (sg: cebola das gaivotas; pl: cebolas das gaivotas)
- (Botánica) Planta herbácea bulbosa da familia das amarilidáceas. Bota unhas raíces produndas, follas de cor verde azuladas, grosas e planas e flores pediceladas, grandes, de cor branca, semellante ás dos narcisos, moi aromáticas. O seu bulbo posúe gran toxicidade.