bulbo
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do latín bulbu(m), "bulbo".
Pronuncia: /ˈbulβo̝/ (AFI)
Substantivo masculino
bulbo ----
singular | plural |
bulbo | bulbos |
- (Botánica) Parte do talo de certas plantas herbáceas, subterráneo, formado por un engrosamento da base das follas ó redor cunha xema apical, con función de órgano de reserva de substancias nutritivas.
- Exemplo: A cebola é un bulbo, a pataca un tubérculo e a cenoria unha raíz.
- Sinónimos: cebola (por extensión a calquera bulbo).
- (Anatomía) Órgano ou parte dun órgano que adopta esa forma.
- Termos relacionados: bulbo aórtico, bulbo do pene, bulbo piloso, bulbo raquídeo.
- (Mariña) Parte da proa dos barcos, arredondada, que facilita o seu avance ó reduci-la fricción da auga.