sintético

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /sin.ˈte.ti.ko/ (AFI)

Adxectivo

sintético (sg: sintético; pl: sintéticos)

  1. Pertencente ou relativo á síntese.
    • Exemplo: Un produto sintético

      .
  2. Que se produce por procedementos industriais químicos e que reproduce a composición e as propiedades dun natural.
    • Exemplo: Os plásticos son materiais sintéticos, Gasolina sintética.

  3. Realizado de maneira ordenada, clara e breve, salientando os puntos máis importantes.
    • Exemplo: O Presidente, na súa investidura, pronunciou un discurso sintético no que expuxo o seu programa de goberno

      .
  4. (Lingüística) Lingua que utiliza a aglutinación e a flexión.
    • Exemplo: O latín é máis sintético que as linguas romances.

Observacións