cabeceiro
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ka.βeˈθej.ɾʊ] (AFI)
cabeceiro (sg: cabeceiro; pl: cabeceiros)
- Bolsa dun material suave e chea de materia branda e esponxosa que se coloca na cabeceira da cama para apoiar a cabeza.
- Correa ou corda que se emprega para prender pola cabeza as cabalarías.
- Sinónimos: cabezada.
- Parte dunha leira onde non chega o arado ─por non poder virar os bois─ que posteriormente se labra de través.
- Cada un dos sucos arados nun cabeceiro1.
- Franxa de terra sen cultivar que se deixa de lindeiro entre dúas leiras.
- Sinónimos: coudullo.
- En certas artes de pesca, bordos do pano dunha rede, ou bordo dunha rede que vai unido ao resto do aparello.