cadabullo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [kaðaˈβuʎo̝] (AFI)

Substantivo masculino

cadabullo (sg: cadabullo; pl: cadabullos)

  1. Parte dunha leira onde non chega o arado ─por non poder virar os bois─ que posteriormente se labra de través.
  2. Cada un dos sucos arados nun cadabullo1.
  3. Franxa de terra sen cultivar que se deixa de lindeiro entre dúas leiras.
  4. Terrón compacto levantado ao arar a terra.
  5. Grumo formado ao callar unha substancia.

Sinónimos