cañoto
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /kaˈɲoto̝/ (AFI)
cañoto (sg: cañoto; pl: cañotos)
- Talo de certas plantas tales como a col, o millo ou a pataca.
- Parte do talo da planta que queda despois de cortar arrimada á raíz.
- Parte central, carnosa, branca e máis dura da folla de algunhas plantas tales como a acelga ou a verza.
- Parte central da espiga de millo, onde están insertados os grans.
- Parte central de froitas sen carabuña tales coma a mazá ou a pera.
- (Alimentación) (Botánica) Alga comestible da especie Laminaria saccharina, parecida ao canouco.
- Sinónimos: faixa.