Saltar ao contido

braquiópodos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «braquiópodos».
Terebratella sanguinea, un dos poucos braquiópodos actuais
  • Pronuncia: /bɾa.'kjɔ.po̯.ðo̯s/ (AFI)

Substantivo masculino plural

braquiópodos

  1. (Zooloxía) Filo de animais invertebrados dos que, aínda que se describiron máis de 12 000 especies fósiles, só existen unhas 300 actuais. Son animais mariños, celomados, protóstomos e bilaterais, co corpo contido nunha cuncha bivalva, con valvas desiguais, unha ventral e outra dorsal, pero de organización interna moi diferente ás que teñen os moluscos lamelibranquios.
    • Exemplo: Os braquiópodos son animais de vida sedentaria que viven fixos ao substrato.

Substantivo masculino

  1. (Zooloxía) Individuo deste filo.