Saltar ao contido

Conversa:branco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Adxectivos

[editar]

Eu penso que os adxectivos son feminos e masculinos, por exemplo na definicion de branco que se refire a raza branca vese ben co adxectivo pode ser feminino e masculino : "os que (son) brancos" e "as que (son) brancas ". No caso de ca utilizacón do feminino o do masculino mude o sentido do adxectivo penso que debe incluirse a información no párafo que da esa definición. Digo esto por analoxía ca lingua francesa. Podese para mín ocasion de aprender Elvire 21:02, 19 xullo 2008 (UTC)

  • No exemplo que dás, "os brancos / as brancas", actúa como substantivo. Se o aplicas ó substantivo "raza" será adxectivo: por ser de raza branca críase superior. Pero a miña pregunta ía máis por aqueles casos nos que o adxectivo (con esa acepción) vai unido sempre a un substantivo determinado: "peixe branco" (non hai "peixes brancas"), ou "parideira" (unido necesariamente a vaca, ovella, muller, etc, sempre feminino). Para eses casos creo que cómpre un modelo adxf ou adxm. Outra nota: non me gusta o de "Definición 7" para da-los sinónimos da 7ª acepción. Cuestións estéticas, máis ben. Saúdos, Pedro --P Lameiro 21:26, 19 xullo 2008 (UTC)
  • No caso de peixe branco, eu sumaríao á lista de locucións. Para o caso de parideira non vexo outra solución que a que propón Lameiro. Furagaitas* 05:08, 21 xullo 2008 (UTC)

unha páxina para cada palabra

[editar]

Veño de darme conta que temos nesta páxina de branco, que pode ser adxectivo ou substantivo masculino, unha seccion comi si branco tamén fose un substantivo feminino, e non é o caso, xa que as duas acepciones corresponden a branca. Vou completar Elvire 13:03, 17 agosto 2008 (UTC)

  • Non teño preferencia ningunha e dáme o mesmo tratar estas palabras como unha soa entrada, con distinta categoría gramatical, que como dúas entradas diferentes (branco e branca). Pero advirto que o DRAG, o DRAE e o Xerais o recollen como unha soa entrada (adx+ sm + sf) e só o Ir indo diferencia branco (adx + sm) e branca (sf). Por iso metín branca dentro da entrada branco. Se optamos por diferenciar sm de sf (diferenciar como entradas distintas), Furagaitas debería tomar nota para ese Libro de Estilo que nos prometeu, porque o caso se dará máis veces (supoño). Un problema semellante témolo cos substantivos plurais (como costas = "espalda"). ¿Tratámolo como unha sección máis dentro de costa (pero non temos modelo para substmpl, susbtfpl) ou como dúas entyradas diferentes? Saúdos, Pedro --P Lameiro 14:28, 17 agosto 2008 (UTC)
  • Non quixera dar agora unha resposta definitiva, pero en principio a opción que máis me gusta é a de separar en páxinas diferentes as formas femininas e os plurais. Furagaitas* 15:17, 17 agosto 2008 (UTC)
A razón technica pola que fixen os cambios si espera dos comentarios é para adaptarse a navegación dos interwikis. Non foi por pensar que eu teño razón no fondo do tema. Non por iso debemos de deixar de levar unha conversa si é necesaria na taberna. Aredor disto hai maís cousas e estou segura que Furagaitas vai facer boo traballo. Por exemplo no wikidicionario en francés, levan esto mui adiante : abren páxinas coas formas de adxectivos en feminino, en plural, con formas de verbos, sen que sexan páxinas que teñan un novo sentido, como é o caso eiqui con branca. (Si non fose un sentido distinto non me permitiria facer os cambios sin saber das nosas politicas). Velaqui exemplos
fr:parlons, páxina da primeira persoa do plural de presente do indicativo do verbo parler ;
fr:jolie, páxina do feminino do adxectivo joli, e de todas formas do verbo jolier que se escriben jolie (verbo antigo que sei utilizalo cando falo, maís que non sei traducir nin o galego, nin o catelan) :
O interes de entradas cando só son formas de xeneros gramaticaís é de permitir ao que consulta o dicionario de saber ca palabra que busca é só unha forma de outra cousa. E eu penso que iso non é bóo para un pequeno dicionario. Penso que para permitirse iso hai primeiro que ter case todas formas basicas. Faloo eiqui só por curiosidade de todo o que se pode facer para aproveitar as oportunidades dun dicionario informatizado. Elvire 16:15, 17 agosto 2008 (UTC)