Saltar ao contido

atraer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.tɾa.'eɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

atraer

  1. Facer un corpo que outro corpo ou varios tiren cara a el.
    • Exemplo: A Terra e a Lúa atráense mutuamente. Un imán atrae o ferro.

  2. Facer unha persoa ou unha cousa que acudan cara a si outras cousas, animais ou persoas.
    • Exemplo: O mel atrae as moscas. O feiticeiro tratou de atraer a chuvia cunha danza.

  3. Facer algo ou alguén que unha persoa sinta gusto ou desexo.
    • Exemplo: As novas tendencias da pintura non me atraen.

  4. Ocasionar, dar lugar a algo.
    • Exemplo: O cambio de Gobierno atraeu inversións estranxeiras.

  5. Gañar unha persoa a vontade, o afecto, o gusto ou a atención doutras.
    • Exemplo: O novo rei se atraeu ás masas. A simpatía daquelas rapazas atraían aos seus compañeiros de clase.

  6. Facer acudir.
    • Exemplo: As festas de San Fermín atraen a moitos estranxeiros.

  7. (Figurado) Facer que unha persoa ou cousa se achegue mediante un engano.
    • Exemplo: Segundo a mitoloxía, o canto das sereas atraía os navegantes.

  8. (Física) e (Química) Manter as partículas dos corpos a súa cohesión recíproca en virtude das súas propiedades físicas.
    • Exemplo: Algúns átomos, ións e moléculas se atraen.

Verbo intransitivo

atraer

  1. Provocar algo ou alguén sentimentos de afecto, admiración ou desexo de participar dalgún xeito.
    • Exemplo: Nunca lle atraeu o teatro tanto coma o cine.

Verbo pronominal

atraerse

  1. (Física) e (Química) Aproximarse entre si átomos, moléculas, ións ou partículas.
    • Exemplo: Algúns átomos, ións e moléculas atráense.