atmosfera
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico atmosphaera, e este do grego antigo ἀτμός atmós, 'vapor, aire' e σφαῖρα sphaîra 'esfera'.
- Pronuncia: /at.mos.'fɛ.ɾa̯/ (AFI)
atmosfera (sg: atmosfera; pl: atmosferas)
- Capa de aire que rodea a Terra.
- Exemplo: Os principais gases que compoñen a atmosfera terrestre son o oxíxeno (21 %) e o nitróxeno (78 %).
- Exemplo: Os principais gases que compoñen a atmosfera terrestre son o oxíxeno (21 %) e o nitróxeno (78 %).
- Capa gasosa que rodea certos planetas.
- Exemplo: A atmosfera de Marte.
- Exemplo: A atmosfera de Marte.
- (Figurado) Ambiente, aire que nos rodea, medio no que se vive e se respira.
- Exemplo: Naquel cuarto había unha atmosfera abafante.
- Exemplo: Naquel cuarto había unha atmosfera abafante.
- (Figurado) Conxunto de condicións ou circunstancias dun lugar que inflúen nas cousas e, sobre todo, nas persoas.
- Exemplo: Unha atmosfera de desconfianza non favorecía a resolución do problema.
- Exemplo: Unha atmosfera de desconfianza non favorecía a resolución do problema.
- (Física) Unidade de presión igual á presión exercida por unha columna de mercurio de 760 mm de altura sobre a unidade de superficie, que equivale aproximadamente a 1 kg/cm2. O seu símbolo é atm.
Observacións
- Na 1ª acepción seu sinónimo é atmosfera terrestre.