Saltar ao contido

amañar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: do latín admaniāre.
  • Pronuncia: [a.maˈɲaɾ] (AFI)


Verbo transitivo

amañar

  1. Dispoñer algo que está en desorde de maneira correcta ou axeitada.
  2. Preparar ou dispoñer algo para que poida usarse ou para realizar unha actividade.
  3. Reparar ou facer que funcione unha cousa estragada, rota, danada ou avariada.
  4. Resolver, solucionar ou preparar unha cousa mediante un acordo ou amaño.
  5. Poñer no seu sitio un óso roto, escordado ou dislocado.
  6. Preparar ou alterar algo mediante artimañas, subornos ou influencias para que pareza legal ou correcto sen selo.
  7. Adobar, aderezar ou condimentar un alimento.
  8. Asear, vestir ou arranxar unha persoa para que teña bo aspecto.


Verbo pronominal

amañarse

  1. Ser quen de facer ou resolver algo por si mesmo, sen axuda doutra persoa.
  2. Facerse cos medios ou recursos necesarios para resolver un problema ou saír adiante.
  3. Chegar a un acordo, entendemento ou solución con outra persoa.
  4. Reconciliarse dúas ou máis persoas que estaban enfadadas ou en conflito.
  5. Vestirse, asearse ou compoñerse para presentar bo aspecto.

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias