arquipélago Malaio
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: composto de arquipélago e malaio.
arquipélago Malaio
- (Xeografía Grande arquipélago situado entre a parte continental do Sueste asiático e Australia, entre os océanos Índico e Pacífico. Con máis de 25.000 illas, é o maior arquipélago do mundo por área. Inclúe territorios dos estados de Indonesia, Filipinas, Singapur, Brunei, Malaisia (a zona oriental) e Timor Leste. Nalgunhas definicións inclúese tamén a illa de Nova Guinea e iso implica engadir o estado de Papúa Nova Guinea.
Divídese en diferentes grupos:
- As illas da Sonda, subdivididas nas illas maiores da Sonda e as illas menores da Sonda.
- As illas Molucas.
- As illas Filipinas.
- Nova Guinea e as illas circundantes (cando se inclúen).
As súas seis illas maiores son Nova Guinea, Sumatra, Borneo, Célebes, Xava e Luzón.