alerxia
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo άλλος, -η, -ο (outro, diferente, distinto, estraño) e έργον (acto, acción, obra, traballo).
- Pronuncia: /aˈlɛɾʃja̝/ (AFI)
alerxia (sg: alerxia; pl: alerxias)
- (Inmunoloxía) Modificación da reactividade que experimenta un organismo por contacto previo cunha substancia estraña (antíxeno), que pode ser nociva (anafilaxia) ou beneficiosa (inmunidade).
- (Inmunoloxía) Máis correntemente, conxunto de reaccións adversas de tipo respiratorio, nervioso ou eruptivo producidas pola exposición dun organismo a unha substancia estraña, despois dun contacto previo coa mesma.
- Exemplo: O medicamento deulle alerxia.
- Exemplo: O medicamento deulle alerxia.
- (Inmunoloxía) Estado de susceptibilidade esaxerada dun individuo para unha substancia que é inocua en igualdade de cantidade e condicións para a maioría dos individuos da súa especie.
- Exemplo: Ten alerxia ao chocolate.
- Exemplo: Ten alerxia ao chocolate.
Observacións
- A definición da primeira acepción correspóndese coa dada en 1906 por Clemens von Pirquet (pediatra austríaco, 1874-1929), pero hoxe en día os sentidos que se lle dan a alerxia son os das acepcións segunda e terceira.
- Como pode verse no exemplo da terceira acepción, o complemento nominal de alerxia introdúcese coa preposición a.
Termos relacionados
- alerxia de contacto. (Inmunoloxía) Alerxia caracterizada por unha reacción cutánea eczematosa debida ao contacto entre a pel e un alérxeno.
- alerxia endóxena. (Inmunoloxía) Alerxia na que os alérxenos se producen no propio organismo.
- Probas de alerxia. (Inmunoloxía) V. proba.