nervioso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /neɾ.ˈβ̞jo.so/ (AFI)

Adxectivo

nervioso (ms: nervioso; mpl: nerviosos; fs: nerviosa; fpl: nerviosas)

  1. Relativo ou pertencente aos nervios.
    • Exemplo: Padece unha doenza nerviosa. Fibras nerviosas. Tecido nervioso.

  2. Que ten os nervios facilmente excitábeis.
    • Exemplo: É unha muller moi nerviosa.

  3. Que é incapaz de manterse quieto.
    • Exemplo: Pero que neno máis nervioso, non para quieto un momento.

  4. Que ten os nervios excitados.
    • Exemplo: Cando ten algún exame sempre se pon moi nervioso.

Termos relacionados

anorexia nerviosa, bulimia nerviosa, célula nerviosa, centro nervioso, fibra nerviosa, ganglio nervioso, folla nerviosa, sistema nervioso, sistema nervioso central, sistema nervioso periférico, tecido nervioso.