Saltar ao contido

Xustiniano I

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ʃus.ti.'nja.no̯ pɾi.'mei.ɾo̯/ (AFI)

Nome propio

Xustiniano I

Mosaico de Xustiniano I na igrexa de San Vital de Rávena
  1. Flavio Pedro Sabacio Xustiniano (en grego bizantino, Φλάβιος Πέτρος Σαββάτιος Ἰουστινιανός; en latín, Flavius Petrus Sabbatius Iustinianus, nacido o 14 de novembro do ano 482 en Constantinopla, máis coñecido como Xustiniano I o Grande, foi emperador do Imperio romano de Oriente desde o 1 de agosto de 527 até a súa morte. Durante o seu reinado buscou revivir a antiga grandeza do Imperio romano clásico, reconquistando gran parte dos territorios perdidos do Imperio romano de Occidente (por exemplo, o sur da Península ibérica). Considerado unha das personalidades máis importantes da antigüidade tardía, foi o último emperador que usaba o latín como lingua materna. O seu goberno marcou un fito na historia do Imperio romano de Oriente; o impacto da súa administración estendeuse máis alá das fronteiras do seu tempo e dos seus dominios; seu reinado estivo marcado polo ambicioso, aínda que parcial, recuperatio Imperii, ou "restauración do Imperio".