Francisco Xavier Balmis

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Francisco Xavier Balmis».
Busto de Balmis na Facultade de Medicina da Universidade Miguel Hernández en San Xoán de Alacant

.

Francisco Xavier de Balmis y Berenguer, nacido en Alacant o 2 de decembro de 1753 e morto en Madrid o 12 de febreiro de 1819, foi un médico militar español e cirurxián honorario da corte de Carlos IV. O seu nome quedou vinculado á Real Expedición Filantrópica da Vacina (coñecida como Expedición Balmis na súa honra) que levou ás colonias españolas de América, e do Pacífico (Filipinas e as illas Marianas) a vacina da varíola, chegando até a China, o que foi un feito de grande importancia na historia da Medicina.