bidueiro: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Actualización de modelos: «T:» → «T», «t^» → «t».
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
[[File:European birch bark.jpg|thumb|{{Gl|casca}} de bidueiro.]]
[[File:European birch bark.jpg|thumb|{{Gl|casca}} de bidueiro.]]
{{etim|do {{orixe|latín vulgar|gl}} ''*betullus'', derivado do {{orixe|la|gl}} {{gl|clásico}} ''{{la|betula}}'', voz de orixe probabelmente {{gl|céltico|céltica}}.|gl}}
{{etim|do {{orixe|latín vulgar|gl}} ''*betullus'', derivado do {{orixe|la|gl}} {{gl|clásico}} ''{{la|betula}}'', voz de orixe probabelmente {{gl|céltico|céltica}}.|gl}}
{{pronuncia||gl}}
{{pronuncia|[bi.ðuˈej.ɾʊ]|gl}}
{{son|||gl}}
{{son|||gl}}
{{-substm-|gl}}
{{-substm-|gl}}

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2017 ás 10:14

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «bidueiro».
Bidueiros.
Follas de bidueiro.
Bidueiros en inverno.
Casca de bidueiro.
  • Pronuncia: [bi.ðuˈej.ɾʊ] (AFI)

Substantivo masculino

bidueiro (sg: bidueiro; pl: bidueiros)

  1. (Botánica) Árbore da familia das betuláceas, de 15 a 20 metros de altura (excepcionalmente até 30), porte elegante, casca branca agrisada lisa, con bandas horizontais de cor gris escura apardazada e copa irregular; as follas, caducas, alternas, son de forma oval-triangular, co bordo dentado e o ápice agudo; as flores masculinas están reunidas en amentos colgantes, e as femininas en amentos ergueitos. Medra en solos húmidos e en brañas, cultivándose tamén como ornamental.
  2. Madeira de esta árbore, branca, branda e lixeira, doada de traballar, usada para facer zocas, móbeis e apeiros de labranza.
    • Exemplo: Teño na casa uns pratos de bidueiro para servir o polbo.

    • Sinónimos: bídalo, bido.
  3. (Botánica) Nome común que reciben todas as especies do xénero Betula, entre as que destaca, ademais da descrita, a Betula verrucosa.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén