terra

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Táboa de contidos

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «terra».
Planeta Terra

Open book 01.png Substantivo feminino

terra (sg: terra; pl: terras)

  1. Planeta que xira sobre si mesmo e arredor do Sol, no que vive o home.
    • Exemplo: A Lúa é un satélite da Terra.
    • Sinónimos: mundo.
    • Observacións: con este significado, escríbese con maiúscula.
  2. Capa da codia terrestre, sólida.
  3. Superficie do planeta Terra non cuberta polo mar.
    • Exemplo: Viaxes por mar e por terra.
  4. Materia sólida composta de partículas minerais e orgánicas.
    • Exemplo: Esta terra é moi fértil.
  5. Parte da superficie que se cultiva e se considera como obxecto de propiedade.
    • Exemplo: Ten moita riqueza en terras.
  6. Lugar de orixe, país, cidade ou nación onde nace unha persoa ou co que ten unha forte relación.
    • Exemplo: Volveu á terra despois de moitos anos.
  7. Espazo xeográfico delimitado e con características xeográficas ou culturais similares.
  8. Nun circuíto eléctrico, punto con potencial igual a cero.

Termos relacionados

Traducións


Portugués

Open book 01.png Substantivo feminino

terra (sg: terra; pl: terras)

  1. Terra.
Ferramentas personais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas
Outras linguas