solo
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Etimoloxía: do latín solum, -i (superficie da terra).
Pronuncia: /ˈsɔlo/ (AFI)
Substantivo masculino
solo (sg: solo; pl: solos)
- (Edafoloxía) Parte non consolidada e superficial da codia terrestre, bioloxicamente activa, que tende a desenvolverse na superficie das rochas emerxidas pola influenza da intemperie e dos seres vivos.
- Exemplo: Os solos de Galicia adoitan ser ácidos.
- Exemplo: Nos solos distínguense varios horizontes.
- Terreo edificábel.
- Exemplo: A especulación do solo.
- Extensión territorial dun país, dunha rexión, etc.