rocha
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Substantivo feminino
rocha (sg: rocha; pl: rochas)
- (Xeoloxía) Agregado natural de individuos minerais, que poden ser da mesma ou diferente especie.
- Exemplo: O granito é a rocha máis abundante de Galicia.
Sinónimos
Observacións
No primeiro caso fálase de rochas simples como a calcaria, (formada por calcita) e, no segundo, de rochas compostas, como o granito (formada por cuarzo, feldespatos e micas).