conxunto
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Adxectivo
conxunto, -a
- Que se dá ou se fai xunto con outra cousa, ó mesmo tempo e co mesmo fin.
- Exemplo: Cómpre realizar esforzos conxuntos para resolve-lo problema.
Substantivo masculino
conxunto
- Grupo de persoas ou cousas que constitúen un todo considerado como unidade.
- Exemplo: Hai que ter en conta o conxunto de feitos que lle afectan.
Termos relacionados
- en conxunto (loc. adv.): De maneira xeral ou total.
- grupo
- organización
- sistema