terra
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende Terra)
Táboa de contidos |
galego
Substantivo feminino
Etimoloxía: Do latín terra(m)
- Planeta que xira sobre si mesmo e arredor do Sol, no que vive o home.
- Exemplo: A Lúa é un satélite da Terra.
- Sinónimos:
- Observacións: con este significado, escríbese con maiúscula.
- Capa da codia terrestre, sólida.
- Sinónimos:
- Superficie do planeta Terra non cuberta polo mar.
- Exemplo: Viaxes por mar e por terra.
- Materia sólida composta de partículas minerais e orgánicas.
- Exemplo: Esta terra é moi fértil.
- Parte da superficie que se cultiva e se considera como obxecto de propiedade.
- Exemplo: Ten moita riqueza en terras.
- Lugar de orixe, país, cidade ou nación onde nace unha persoa ou co que ten unha forte relación.
- Exemplo: Volveu á terra despois de moitos anos.
- Espazo xeográfico delimitado e con características xeográficas ou culturais similares.
- Nun circuíto eléctrico, punto con potencial igual a cero.
Termos relacionados
- por terra: loc. adv. Falando de viaxes, úsase para indicar que se fan por vía terrestre.
- terra de labor: a que se cultiva.
- terra firme: a terra, por oposición ó mar ou ó ar.
- terra santa
- botar por terra
- botar terra
- quedarse en terra
- ter moitas terras na Habana
- tomar terra: aterrar un avión ou outro aparato semellante.
- enterrar
- terraplén
- terráqueo
- terreño
- territorio
Traducións
portugués
terra
- terra.