formar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /foɾˈmaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

formar

  1. Dar forma, figura ou existencia a algo.
  2. Facer ou configurar un todo, conxunto ou grupo mediante a unión ou composición das súas partes.
  3. Educar, promover a formación de alguén, intruír.
  4. Dar como creador ou integrar como parte unha orde, formato, formación, cortexo ou corpo nunha certa disposición.

Verbo intransitivo

formar

  1. Tomar certa orde, formato, formación... nunha disposición determinada.
  2. Adquirir formalidade.

Verbo pronominal

formarse

  1. Obter unha determinada forma.
  2. Configurarse, constituírse, compoñerse como resultado da unión ou composición das súas partes.
  3. Educarse, intruírse, adquirir unha formación determinada.

Traducións

Conxugación


Castelán

Verbo

formar

  1. Formar.

Catalán

Verbo

formar

  1. Formar.

Portugués

Verbo

formar

  1. Formar.