cubrir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [kuˈβɾiɾ] (AFI)

Verbo intransitivo

cubrir

  1. Satisfacer os gastos orixinados.
  2. Ter [un líquido] a capacidade para deixar completamente somerxido a alguén.

Verbo pronominal

cubrirse

  1. Quedar oculto por algo.
  2. Situar algo sobre o corpo ou parte del para impedir que se vexa.
  3. Situarse fóra do alcance dun ataque.
  4. Chegar a ter moito [de algo].

Verbo transitivo

cubrir

  1. Situar algo sobre [algo ou alguén] para impedir que se vexa.
  2. Impedir [algo ou alguén] que se vexa [algo ou alguén situado entre el e o punto de vista].
  3. Estenderse sobre toda ou parte da superficie de [algo ou alguén].
  4. Introducir información nos ocos de [un documento].
  5. Igualar os ingresos a [uns gastos].
  6. Constituír o apoio económico necesario para [algo].
  7. Unirse [un animal macho] con [unha femia] para fecundala.
  8. Protexer [a alguén] durante unha acción arriscada.
  9. Apoiar unha acción arriscada.
  10. Ocuparse [un medio de comunicación ou periodista] de informar sobre [algo].
  11. (Deportes) Controlar os movementos de [un xogador adversario].
  12. Facer [algo ou a alguén] obxecto de algo.
  13. Darlle a [alguén] moito [de algo].
  14. Deixar [un líquido] completamente somerxido [algo ou a alguén].
  15. Ocupar [alguén] un cargo ou posto de traballo.
  16. Desprazarse ao longo de [unha distancia].

Conxugación