ala

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Táboa de contidos

Galego

Open book 01.png Substantivo feminino

ala (sg: ala; pl: alas)

  1. (Zooloxía) Membro cunha ampla superficie de sustentación, propio dos animais adaptados ao voo, (quirópteros, aves e insectos). Nas aves, está constituída polos ósos da extremidade torácica e por apéndices tegumentarios, as plumas.
  2. (Anatomía) Estrutura, normalmente eminencia ou apófise, que se acha a cada lado dun órgano impar, e que son máis ou menos simétricas. As máis importantes son as do esfenoide, as do solo do cuarto ventrículo e algunhas eminencias óseas, como as do ilio ou do sacro.
  3. (Botánica) Cada un dos dous pétalos laterais da corola das flores das papilionáceas.
  4. (Botánica) Calquera {expansión laminar, foliácea ou membranosa, que se pode presentar en diversos órganos vexetais, como caules, pecíolos, froitos ou sementes.
  5. (Xeoloxía) Cada un dos dous lados dunha dobra.
  6. (Zooloxía) Labio dalgunhas cunchas de moluscos gasterópodos.
  7. Superficie en forma de lámina plana con carácter independente que sobresae do corpo xeral dunha estrutura.
  8. Parte dun edificio diferente da zona principal, normalmente situada nunha zona lateral do espazo.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Open book 01.png Substantivo feminino

ala (sg: ala; pl: alas)

  1. Á, ala.
Ferramentas personais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas
Outras linguas