aleta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aleta».
  • Pronuncia: /aˈleta̝/ (AFI)

Substantivo feminino

aleta (sg: aleta; pl: aletas)

Aletas dun peixe teleósteo (unha boga de río, Chondrostoma nasus).
  1. (Zooloxía) Apéndice natatorio de diversos animais acuáticos, como moluscos, cefalópodos, ágnatos, condrictios, osteíctios e algúns vertebrados tetrápodes adaptados á vida na auga, como as tartarugas mariñas e de auga doce, algúns réptiles fósiles (ictiosauros, plesiosauros, etc.), algunhas aves, como os pingüíns, e tres ordes de mamíferos: cetáceos, sirenios e pinnípedes.
  2. Especie de calzado de ampla superficie que utilizan os mergulladores para facilitar o desprazamento na auga.

Galería

Termos relacionados

Traducións