pétalo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈpe.t̪a.lo/ (AFI)

Substantivo masculino

pétalo (sg: pétalo; pl: pétalos)

  1. (Botánica) Cada unha das follas modificadas, xeralmente de belas cores, que forman a corola dunha flor.
    • Exemplo: As rosas poden ter pétalos de cores variadas, segundo os seus cultivares.

Termos relacionados

apétalo, corola, dialipétalo, gamopétalo, petaloide, polipétalo, simpétalo.