lámina

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lámina».
Algunhas láminas de facas
  • Pronuncia: /'la.mj.ŋa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

lámina (sg: lámina; pl: láminas)

  1. Anaco plano e delgado xeralmente de metal.
    • Exemplo: O ferreiro preparou varias láminas de ferro.

  2. Prancha, xeralmente metálica, onde vai gravado un debuxo para estampar.
    • Exemplo: Prepararon as láminas para a impresión.

  3. Debuxo impreso nun libro, revista, catálogo, etc., que normalmente ocupa unha folla enteira.
    • Exemplo: Estivemos toda a tarde mirando as láminas dunha revista de modas.

  4. Folla de papel usada para facer debuxos.
    • Exemplo: Debuxei unha lámina dunha posta de sol.

  5. Porción de calquera materia estendida e de pouco groso.
  6. (Bioloxía) Parte delgada e plana dos ósos, cartilaxes, tecidos e membranas dos seres vivos.
  7. (Botánica) Parte ensanchada das follas, pétalos e sépalos.

Termos relacionados