independente

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /in.de.peŋ.'deŋ.te̯/ (AFI)

Adxectivo

independente
(sg: independente; pl: independentes)

  1. Que non depende de ninguén nin de nada.
    • Exemplo: É un home independente, ni casou nin ten xefe.

  2. Dise dun país que goza de independencia política.
    • Exemplo: O Brasil é un Estado independente desde 1822.

  3. Persoa que expresa libremente as súas ideas ou opinións políticas, económicas, relixiosas, etc.
    • Exemplo: Por seren independentes varios amigos meus estiveron varias veces na cadea na ditadura.

  4. Que non precisa da axuda, compañía ou afecto de ninguén.
    • Exemplo: Para muller independente, a miña sogra.

  5. Persoa que intervén en política sen pertencer a ningún partido.
    • Exemplo: O noso alcalde foi nomeado porque os dous concelleiros independentes o votaron.

Antónimos

dependente

Termos relacionados

cine independente, música independente, teatro independente