poder

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [poˈðeɾ] (AFI)

Verbo transitivo

poder

  1. Te-la posibilidade de realizar certa cousa.
    • Exemplo: Se podes, fala con ela.

  2. Ser capaz de realizar certa cousa.
    • Exemplo: Desde aí non podes abri-la porta.

  3. Ter permiso ou dereito para facer algo.
    • Exemplo: Díxome miña nai que podo ir convosco.

Traducións

Verbo intransitivo

poder

  1. Ser posible algo.
    • Exemplo: Pode que chova pola tarde.

  2. Ser capaz de vencer a alguén por ter máis forza ca el.
    • Exemplo: Non pelexes comigo que non me podes.

  3. Ter influencia ou capacidade de dominio.
    • Exemplo: É un home que pode moito.

Termos relacionados

  • A, ata máis non poder: loc. adv. Todo o posible.
  • A poder de: Polo feito repetido de.
  • Non poder con alguén: Non ser capaz de dominalo.
  • Non poder ver a alguén: Odialo.

Conxugación


Substantivo masculino

poder (sg: poder; pl: poderes)

  1. Facultade ou capacidade de facer algo.
    • Exemplo: O mago tiña poderes extraordinarios.

  2. Posibilidade de facer algo gracias a unha lei ou contrato.
    • Exemplo: O presidente ten poderes para disolve-la asemblea.

  3. Capacidade de influír sobre algo ou alguén ou para dominar a alguén.
    • Exemplo: O xefe ten moito poder sobre os empregados.

  4. Dirección e control das funcións de goberno.
    • Exemplo: O partido que está no poder é moi criticado.

  5. Dar autoridade a alguén para que poida facer algo no nome doutra persoa, e escrito no que se autoriza.
    • Exemplo: Asinoulle un poder para que votase por el na reunión.

  6. Forza, enerxía.
    • Exemplo: Para os anos que ten aínda se ve con poder.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén


Portugués

Verbo

poder

  1. Poder.

Substantivo masculino

poder (sg: poder; pl: poderes)

  1. Poder.